Para traballala na aula, recorremos a observar cadros de pintores famosos que plasmaron esta fermosa estación, como Monet , Van Gogh ou incluso Picasso.
Durante días, estivemos observando cadros de diferentes autores, en todos había flores, moitas cores, árbores en flor...
Despois, puxémonos a traballar...
Primeiro, pintamos de xeito libre (máis ou menos), un cadro de primavera con acuarelas
O resultado foron unhas creacións estupendas que chegarán en breve ás vosas casas.
Igual que Van Gogh, observamos a árbore que empezaba a florecer ao lado da nosa ventan e intentamos plasmalo noutra creación plástica
E como non, estivemos traballando os diferentes cadros de "Los girasoles" de Van Gogh (contamos cantos xirasoles había en cada cadro, que cores utilizaba, se estaban murchos ou frescos... e lemos o conto de Camile y los girasoles). Por último, e utlizando a técnica de pintar con tenedor, fixemos os nosos propios girasoles









No hay comentarios:
Publicar un comentario