domingo, 5 de junio de 2016

EXPOSICIÓN DE PICASSO

SEGUIMOS CO ARTE!!!

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS ESTIVERON TRABALLANDO AO REDOR DA FIGURA DE PABLO PICASSO. FOI TANTO O QUE APRENDERON QUE DECIDIRON COMPARTILO CO RESTO DO ALUMNADO, EXPOÑENDO E EXPLICANDO TODO O APRENDIDO.






E COMO NON, AO CHEGAR Á AULA DECIDIMOS BUSCAR ALGUNHA PINTURA DE PICASSO SOBRE A PRIMAVERA E... ASI A PLASMAMOS!!!!



A PRIMAVERA EN ARTE

Despois de moita auga, chegou a primavera, coas súas flores, campos verdes e ceos azuis.
Para traballala na aula, recorremos a observar cadros de pintores famosos que plasmaron esta fermosa estación, como Monet , Van Gogh ou incluso Picasso.

Durante días, estivemos observando cadros de diferentes autores, en todos había flores, moitas cores, árbores en flor...













Despois, puxémonos a traballar...
Primeiro, pintamos de xeito libre (máis ou menos), un cadro de primavera con acuarelas



 
O resultado foron unhas creacións estupendas que chegarán en breve ás vosas casas.


Igual que Van Gogh, observamos a árbore que empezaba a florecer ao lado da nosa ventan e intentamos plasmalo noutra creación plástica

E como non, estivemos traballando os diferentes cadros de "Los girasoles" de Van Gogh (contamos cantos xirasoles había en cada cadro, que cores utilizaba, se estaban murchos ou frescos... e lemos o conto de Camile y los girasoles).  Por último, e utlizando a técnica de pintar con tenedor, fixemos os nosos propios girasoles






jueves, 2 de junio de 2016

VEÑA CONTOS...

OLA FAMILIAS, O CURSO XA REMATA.  TRATAREI DE FACER UN PEQUENO RESUMO DE COUSAS QUE FOMOS TRABALLANDO AO LONGO DESTE PRIMEIRO CURSO

HOXE  FAREMOS UN REPASO DOS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTARON.

CONSIDERAMOS QUE OS CONTOS TEÑEN UN PAPEL IMPORTANTÍSIMO DENTRO DA AULA DE INFANTIL.

 CREAN UN CLIMA RELAXADO; FAVORECEN A LINGUAXE NON SÓ NO ASPECTO COMUNICATIVO SE NON TAMÉN ESTÉTICO E CREATIVO.
FAVORECE O DESENROLO AFECTIVO, XA QUE A TRAVÉS DOS CONTOS SON CAPACES DE SUPERAR OS SEUS TEMORES E DE COMPRENDER MOITOS VALORES HUMANOS.

UN DOS QUE MÁIS TRABALLAMOS FOI, O COELLIÑO BRANCO

DESPOIS DE LELO MOITAS PERO QUE MOITAS VECES E GOZAR COAS SÚAS RIMAS, TAMÉN XOGAMOS A DRAMATIZALO E XOGAMOS NA PANTALLA CUNHA SERIE DE ACTIVIDADES QUE FIXO UNHA COMPAÑEIRA DE INFANTIL
AQUI VOLAS DEIXO POR SE QUEREDES XOGAR NA CASA

LIM COELLIÑO BRANCO







OUTRO DOS CONTOS QUE CONTAMOS E CANTAMOS FOI O GATO LAMBÓN

UN DOS CONTOS QUE MÁIS TRABALLAMOS NA AULA E QUE NOS AXUDOU A ENTENDER COMO DEBEMOS PLANTAR E COMO MEDRAN AS PLANTAS FOI
AINDA NADA??
TIVEMOS A SORTE DE QUE O MOUCHO LEROUCHO TAMÉN O CONTOU DUN XEITO MOI ESPECIAL PERO ATOPAMOS NA REDE A UNHA GRAN CONTACONTOS QUE SE CHAMA BEATRIZ CAMPOS QUE O CONTA DE MARAVIIIIIILLA. 




E POR ÚLTIMO DESTACAR AQUELES QUE CONTAMOS E QUE TIÑAN RELACIÓN CO NOSO AMIGO O LOBO...




E O VINDEIRO ANO, MOITOS, MOITOS MÁIS...