martes, 24 de enero de 2017

SAÍDAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE


COMO XA SABEDES, NO PRIMEIRO TRIMESTRE FOMOS AO TEATRO COLÓN VER A OBRA DE TEATRO "GÜELA, GÜELA", E TAMÉN A AFUNDACIÓN VER UNHA EXPOSICIÓN CHAMADA GALICIA 100.

COMETARVOS QUE OS NENOS E NENAS PORTÁRONSE ESTUPENDAMENTE NESTAS SAÍDAS.

O TEATRO NON ESTIVO MAL PERO A EXPOSICIÓN ESTIVO MOI, MOI BEN PORQUE O PERSOAL ENCARGADO TÍÑAO MOI BEN PREPARADO E ADAPTADO A ESTAS IDADES. DEIXO UN PEQUENO RECORDO DE AMBAS SAÍDAS.


Esperando para entrar no Teatro Colón




Teatro Colón
Ali viron a bandeira galega máis grande que existe, feita á man por galegos emigrados en Bos Aires


Primeira máquina de coser

Sabiades que o futbolín inventouno un galego?
















PLANTAMOS

Ola familias, non sei se vos fixastes que este ano estamos a plantar na terra que hai ao lado do muro dentro da escola. Tiñámolo moi abandonado pero este ano por iniciativa do equipo de invernadoiro e coa axuda de Carlos, limpouse todo e plantamos diversas flores que estarán fantásticas na primavera.









É tremenda a implicación dos nenos e nenas no coidado da súa plantación, no recreo só se acercan a mirar pero non arrancan nada.

En breve, comezaremos a plantar no invernadoiro. Este ano, tócanos tirabeques...